SONS DE NÓS RadioFusión  By  cover art

SONS DE NÓS RadioFusión

By: Radiofusión
  • Summary

  • Lista diaria de música dos países lusófonos.De luns a venres en Radiofusión
    © 2024 Radiofusión
    Show more Show less
Episodes
  • Sons de Nós 3 de xuño de 2024
    Jun 3 2024
    1-Lucía Aldao-Catastro 2-Carabela-Arrolo 3-Secho e Fanny & Alexander-Parado no aire 4-Uxía Senlle con Caamaño & Ameixeiras-Nas ás dun poema 5-BellónMaceiras-Hirajoshi 6-Lume con Xilselr-A danza do Avellón 7-Baiuca e Antía Ameixeiras-Sísamo 8-A Pedreira-Fosforescencia 9-Grampoder-Sombras calvas 10-Familia Caamagno-Milagre económico 11-Malabesta-Mil pesadelos 12-Leria-Queres ir bailar? 13-Uxía Lambona e a Banda Molona-De festa 14-Pelepau-a Virxe de Guadalupe
    Show more Show less
    51 mins
  • Sons de Nós 31 de maio de 2024 con Faia Díaz
    Jun 3 2024
    Faia é cantante de profesión e, atrevémonos a asegurar que de vocación, e licenciada en Historia da Arte de formación. Seguramente a súa faceta máis coñecida é a que desenvolve como fundadora e integrante do grupo musical De Vacas dende 2015, pero tamén do Coro Encaixe que temos coñecido no concurso televisivo “o happy day”, do que foron gañadores; participa tamén na compañía A Patacón desde 2017 e é impulsora de Nacho Faia Lar, un novo proxecto musical que leva a Zeca Afonso por bandeira. Por se isto fose pouco comparte escenario con Guadi Galego na súa última proposta “Síntese Horizonte” e está a preparar o que será o seu segundo traballo discográfico. Faia Díaz leva a música no ADN porque na casa sempre estivo presente, os teus pais, Tereixa Novo e Ramón Díaz formaban parte de Fuxan os Ventos dende a súa creación e a súa influencia musical e vital de compromiso sempre está presente. Unha tradición musical familiar que lonxe de resultar unha responsabilidade á hora de iniciar a súa carreira musical resultou un pulo importante que reforzou a súa intención de subir a un escenario. Con De Vacas, o cuarteto musical que comparte coa Marela que é Inés Salvado, Paula Romero, que é a Morena, Faia Díaz a Pinta do grupo e a Rubia que non podía faltar que é o guitarrista Guillerme Fernández. Con De Vacas tómanse a risa moi en serio, o grupo fai versións en galego de temas comerciais, mudando a letra e dándolles un formato retranqueiro e divertido adobiado de calidade musical indiscutible. En solitario tennos ofrecido un proxecto de recuperación e reinterpretación de pezas tradicionais, “Ao Cabo Leirín”, no que reivindica o traballo de conservación e recuperación da música tradicional que teñen feito mulleres anónimas ao longo dos anos. Un traballo no que ten experimentado cos lugares de gravación e co xeito de gravación “en cru”, sen artificios. Tradición, reinterpretación e experimentación con respecto. Nacho Faia Lar é outro dos proxectos cos que está a traballar. Nacho Muñoz, ao teclado e electrónica, Lar Legido, do grupo palentino Sumrrá, na batería e Faia poñendo a voz a un repertorio baseado na música de Zeca Afonso. Faia está, neste momento, compartindo escenarios con Guadi Galego, formando parte do equipo de artistas que a acompañan no espectáculo “Síntese Horizonte” que Guadi está a presentar por Galicia. Gozade desta conversar con Faia Díaz Novo outra das mulleres que, sen lugar a dúbidas, están e seguirán a dar moitas alegrías á música galega. Unha voz fabulosa, cálida e comprometida. Asentada na tradición máis fonda pero tamén coa vangarda como proposta.
    Show more Show less
    1 hr and 2 mins
  • Sons de Nós 30 de maio de 2024
    May 30 2024
    1-Mondra-Saco de pulgas 2-Uxía con Caamaño & Ameixeiras-Nas ás dun poema 3-BellónMaceiras-Hirajoshi 4-Lume-Pandeirada de Tella 5-Baiuca e Antía Ameixeiras-Sísamo 6-Lucía Aldao-Catastro 7-A Pedreira-Fosforescencia 8-Grampoder-Fantasmas 9-Familia Caamagno-Milagre económico 10-Malabesta-Reunión de fillos bastardos 11-Zavala-Funambulista caendo 12-Leria-Moita leria 13-Uxía Lambona e a banda Molona-De festa 14-The Ultraje a Rigor-Ciúme
    Show more Show less
    54 mins

What listeners say about SONS DE NÓS RadioFusión

Average customer ratings

Reviews - Please select the tabs below to change the source of reviews.