Os Dous de Sempre Podcast Por Os Dous de Sempre arte de portada

Os Dous de Sempre

Os Dous de Sempre

De: Os Dous de Sempre
Escúchala gratis

O podcast oficial dos fifes composteláns: cultura, humor, curiosidades e máis. Ás veces tamén levan xente para que lles conte cousas.© 2026 Os Dous de Sempre
Episodios
  • OS DOUS DE SEMPRE: 2x01 | De deuses do balón e Guitar Heroes
    Mar 24 2022
    Voltamos, si, but at what cost? Efectivamente, unha vez máis Iago e Mateo demostran que o de cumprir co prometido non vai con eles. Aínda que iso xa era de esperar, por suposto. Sexa como for, xa está aquí a segunda tempada do voso podcast favorito, e para celebralo abordaránse temas interesantísimos (algo que non é novidade, sexamos honestos). Queredes coñecer a fantástica anécdota de cando destronaron ao deus da guitarra? Sabíades que Maradona ten un vínculo bastante especial con Galiza? Acompañádenos para iso e máis, amiguis!!!
    Más Menos
    26 m
  • OS DOUS DE SEMPRE: 1x07 | Cuestión de Estado
    Dec 2 2021
    Chegamos ao episodio final desta primeira tempada de Os Dous de Sempre, e para celebralo abordamos uns temas tan interesantes coma esperpénticos, algo que define á perfección o que é este podcast. Se queredes saber máis sobre a viaxe que fixo Charles De Gaulle a Cambados ou da guerra que Australia declarou aos emús, quedádevos connosco! Escóitanos tamén pola nosa canle de YouTube "Os Dous de Sempre Podcast"!! O noso Twitter: https://twitter.com/os_dousdesempre ”Soul Walking”, by Juanitos, is licensed under a Creative Commons Attribution-ShareAlike 2.0 France. «freemusicarchive.org» ”Hey”, by Juanitos, is licensed under a Creative Commons Attribution-ShareAlike 2.0 France. «freemusicarchive.org»
    Más Menos
    28 m
  • OS DOUS DE SEMPRE: 1x06 | O galego nas redes (ft. Nubes Baixo Ti)
    Nov 11 2021
    Neste sexto episodio convidamos a Eira de "Nubes Baixo Ti", unha das youtubeiras pioneiras en canto a contido en galego. Con ela conversaremos sobre o uso e espallamento do galego nas redes e nas novas tecnoloxías, a súa propia experiencia en YouTube ou mesmo os anuncios do Ghadis! En definitiva, que nos pasamos un bo rato latricando de todo un pouco. Escóitanos tamén na nosa canle de YouTube "Os Dous de Sempre Podcast"!!! ”Soul Walking”, by Juanitos, is licensed under a Creative Commons Attribution-ShareAlike 2.0 France. «freemusicarchive.org» ”Hey”, by Juanitos, is licensed under a Creative Commons Attribution-ShareAlike 2.0 France. «freemusicarchive.org»
    Más Menos
    40 m
Todavía no hay opiniones