Podcast Radio Cerna Podcast Por Radio Cerna arte de portada

Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

De: Radio Cerna
Escúchala gratis

Acerca de esta escucha

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.© 2025 Radio Cerna Ciencia
Episodios
  • Boletín informativo ambiental 23/05/2025
    May 22 2025
    ADEGA e PDRA dan inicio á contenda xudicial contra o proxecto de instalación da macrocelulosa de Altri na Ulloa. E esta semana, coincidindo coa celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000 e do Día Internacional da Diversidade Biolóxica, diversos colectivos ecoloxistas galegos reclaman a ampliación desta rede de espazos naturais protexidos en Galiza. Ao tempo, a Xunta de Galiza vén de declarar a utilidade pública do parque eólico de Castro Valente, malia estar suspendido cautelarmente polo TSXG. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    Más Menos
    10 m
  • Boletín informativo ambiental 16/05/25
    May 15 2025
    A directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta dimite despois de asinar o polémico informe que avalaba o proxecto de Altri en Palas de Rei. Mentres, a multinacional portuguesa reforza a súa presenza en Galiza e pecha a compra de Greenalia Forest e Greenalia Logistics. O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza decretou a suspensión cautelar do parque eólico de Seselle, en Oza-Cesuras, por risco de dano a valores ambientais sensibles. Isto e máis, en Radio Cerna!
    Más Menos
    10 m
  • Boletín informativo ambiental 09/05/2025
    May 9 2025
    O 90% dos informes que sustentan a declaración ambiental positiva da macrocelulosa de Altri na Ulloa foron asinados por cargos de libre designación da Xunta. A empresa recoñece, ademais, que non pagará polos 381 predios que pretende atravesar cunha condución de auga. O PP veta que a Lei da minaría dea cabida á participación social, e co seu voto impide que o Parlamento se posicione sobre a mina de Doade. Nace o Fondo para a Protección do Lobo Ibérico, unha iniciativa apoiada por máis de 25 entidades do Estado e de Portugal que busca defender esta especie fronte á súa polémica desprotección legal. Isto e máis, en Radio Cerna!
    Más Menos
    10 m
adbl_web_global_use_to_activate_T1_webcro805_stickypopup
Todavía no hay opiniones