Episodios

  • AROUSA NOTICIAS 17 03 26
    Mar 17 2026
    Rueda supervisa, acompañado do alcalde Alberto Varela, o avance das obras de renovación dos sistema de saneamento que a Consellería de Infraestructuras está executando na cidade. O Partido Popular de Vilagarcía "quere coñecer en profundide" os motivos polos que Vilagarcía perdeu as axudas do II Plan Extra da Deputación de Pontevedra que se ían destinar á humanización da rúa Aduana en Carril. Satisfacción na Illa de Arousa por conseguir a subvención de 500.000 euros do segundo Plan Extra da Deputación que destinará á transformación da área deportiva de Testos. Sanxenxo tramita a licitación do servizo de Salvamento e Socorrismo para as praias por importe de 4 millóns de euros durante catro anos. Caldas acondiciona un total de 1.800 plazas de aparcamiento gratuitas en estacionamentos disuasorios do centro urbano afectadas polos temporais ou que necesitan melloras de accesibilidade. A Real Filharmonía de Galicia volve a Vilagarcía tras dezaoito anos cun concerto este venres do Barroco francés organizado pola Sociedade Filarmónica de Vilagarcía. O profesor de Xeografía e Historia no IES Ramón Cabanillas Duarte Correa Piñeiro, presenta este martes en Cambados o seu novo libro "Imperialismo no século XXI". A Garda Civil investiga a un veciño de Pontevedra como presunto autor dun delito de furto tras sustraer 2.345 euros en efectivo nunha empresa de subministros industruiais de Caldas de Reis. Condenado o home que hai dous anos acoitelou a un policía na Comisaría de Pontevedra: liberdade vixiada con tratamento psiquiátrico e unha indemnización de 1.500 euros ao axente ferido.
    Más Menos
    17 m
  • AROUSA NOTICIAS 16 02 26
    Mar 16 2026
    Vilagarcía inicia a transformación lumínica do Paseo Marítimo coas 54 novas farolas deseñadas polo escultor local Elías Cochón. Ravella aproba as bases que rexerán a contratación de 33 traballadores a través do plan anual de emprego municipal. Paco Buyo ou Amavisca estarán este 19 de marzo no partido que reunirá en Ribadumia á Selección Galega de Veteranos e emblemáticas lendas do Real Madrid. Cambados será de novo sede do Clinic de Semana Santa organizado pola Fundación Celta en colaboración co club Juventud de Cambados. A Plataforma Galiza pola Paz celebra esta tarde en Vilagarcía unha concentración contra a guerra en Oriente Medio.
    Más Menos
    14 m
  • AROUSA NOTICIAS 12 03 26
    Mar 12 2026
    A casa ocupada dos Duráns sufre un novo incendio que provoca o derrubamento do teito e a destrucción do seu interior. Detidas tres persoas pola presunta agresión homófoba sufrida por un xoven esta fin de semana nunha rúa do casco histórico da cidade. Pesar e loito en Pontevedra e na política galega pola morte do socialista Antón Louro, que faleceu este xoves aos 73 anos de idade na cidade do Lérez, onde residiu gran parte da súa vida. O Salnés amplía o seu parque de maquinaria con tres novos vehículos destinados a reforzar as actuacións de conservación ambiental nos nove municipios da comarca. O presidente da Deputación, Luis López, anuncia nunha visita ao adestramento do Arosa a segunda convocatoria do programa Depo Van. Ribadumia acondiciona o tramo da Ruta da Pedra e da Auga que discorre polo municipio co fin de que se encontre en perfectas condicións cara a Semana Santa. A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantén en 66,4 días o tempo medio de espera para unha cirurxía ao peche do segundo semestre do pasado ano. O Salón García de Vilagarcía acolle mañá a proxección da película "Lenny" no marco da programación conmemorativa do 50 aniversario do Cine Club Ádega. Cambados lanza unha nova publicación da colección "Mulleres da Nosa Terra" que será distribuida entre o alumnado do municipio. Sanxenxo celebrará a Feira de Oportunidades do 2 ao 4 de abril, coincidindo coa Semana Santa, e estreará localización na Praza do Mar.
    Más Menos
    19 m
  • AROUSA NOTICIAS 11 03 26
    Mar 11 2026
    Pablo Leiva demite como concelleiro do PP do Grove e como líder do partido local debido á "elevada carga de traballo" no seu bufete de avogados. Rescatados dous mariñeiros do Grove polo Servizo de Gardacostas de Galicia tras sufrir unha avería no barco no que navegaban na contorna da Illa de Ons. Cambados acollerá durante tres anos un proxecto europeo de voluntariado ambiental impulsado pola Fundación Conde Taboada en colaboración co Concello para recuperar dúas hectares do seu litoral. O BNG organiza este venres un acto aberto na Illa de Arousa para abordar as principais problemáticas que afectan ao sector do mar. Comezan as obras de mellora da seguridade viaria na marxe dereita da estrada provincial EP-9206 Portonovo-Vichona, cun investimento provincial de preto de 154.000 euros. Meaño inicia a mellora do vial municipal interior que une os núcleos de poboación de Pedras Roibas, Pazo do Monte e a Balada. Pedro Blanco confirma que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible anulará o proxecto da Variante Oeste da N-640 ao seu paso polo municipio e reformulará a actuación "evitando grandes afeccións territoriais".
    Más Menos
    17 m
  • AROUSA NOTICIAS 10 03 26
    Mar 10 2026
    Desartellado un grupo criminal especializado na suplantación de identidade para estafar a entidades bancarias. Parte das víctimas son de Vilagarcía e O Grove. Vilagarcía contrata con urxencia á empresa Plagal Control de Plagas para actuar canto antes no centro sociocultural de Rubiáns. Os terreos do Pombal xa son oficialmente titularidade do Concello de Cambados. O subdelegado do goberno, Abel Losada, e o alcalde Samuel Lago visibilizaron o traspaso definitivo dos 41.000 metros cadrados de superficie, ata agora en posesión de Costas do Estado. Novo impulso á vivenda pública en Sanxenxo. O Concello cede á Xunta un solar na rúa das Cunchas para 40 novas vivendas destinadas a aluger para menores de 36 anos. A CIG conmemora hoxe o Día da Clase Obreira Galega con mobilizacións en toda Galicia, que en Vilagarcía partirá ás 19.30 horas da Praza de Galicia. O Goberno de España inicia en Cuntis, na N-640, os traballos de reparación das estradas nacionais afectadas polos danos provocados polos temporais dos últimos meses.
    Más Menos
    14 m
  • AROUSA NOTICIAS 09 03 26
    Mar 9 2026
    Un novo acto vandálico dana con pintadas o xacemento do Castro Alobre de Vilagarcía. O goberno local denuncia os feitos e encarga a restauración dos danos. Aprobada a esperada rehabilitación do pavillón de deportes de Bamio cun investimento de 83.000 euros nunha primeira fase das obras. O PP de Cambados denuncia a existencia de graves deficiencias na piscina municipal e acusa ao goberno local de non executar os traballos de mantemento necesarios. En Sanxenxo, avanza a excución das obras do Ciclo de Agua con actuacións en catro parroquias e un investimento de 256.520 euros. Meaño inicia as obras de pavimentación e mellora do vial municipal interior que une os núcleos de poboación de Pedras Roibas, Pazo do Monte e a Balada. O PP do Grove estima que a“falta de xestión” do goberno local en cuestións municipais poderían supoñer ao Concello un impacto económico de 700.000 euros. Unha veciña de Caldas gaña a Camelia de Ouro na IX edición da Mostra Internacional de Cambados. Vilagarcía acollerá o 13 de marzo unha xornada aberta de *bordado pola memoria* para manter vivas as historias das persoas galegas detidas e desaparecidas durante a ditadura arxentina. Sanxenxo súmase á Hora do Planeta o 28 de marzo apagando a luz de varias rúas da localidade.
    Más Menos
    17 m
  • AROUSA NOTICIAS 06 03 26
    Mar 6 2026
    As portas do 8 de marzo, entidades e institucións celebraron hoxe actos reivindicativos con motivo do Día Internacional da Muller. O Plan de Emprego da Mancomunidade do Salnés forma á primeira promoción de especialistas en Agricultura de Precisión aplicada con drons e Ortofotografía. Upta traslada á Xunta o seu 'Plan Protexe Autónomos' para "anticiparse e mitigar" as posibles consecuencias económicas da guerra en Oriente Medio. Meis presenta a Semana Santa de Paradela cun novo Xesús e un equipo reforzado.
    Más Menos
    15 m
  • AROUSA NOTICIAS 05 03 26
    Mar 5 2026
    Desartellada unha organización criminal con base no Salnés que operaba en Portugal, adicada á construcción, almacenamiento e transporte de narcolanchas. Os investimentos provinciais nas comarcas do Salnés e Caldas ascenderon a máis de 87 millóns nos tres anos de mandato. O presidente da Deputación fixo balance nun almorzo informativo en Vilagarcía. O PP da Illa de Arousa asegura que o proxecto de Orzamentos Municipais 2026, que o goberno bipartito levará mañá á súa aprobación en pleno, aumentará fortemente a presión fiscal para a veciñanza. A Illa de Arousa proxecta constituir unha Unidade Móvil de Vixilancia Ambiental solicitando unha achega de 42.000 euros para adquirir un vehículo SUV e un maletín multiparamétrico de análises da auga. O BNG de Sanxenxo denuncia o "afán recadatorio" da Policía Local polas "sancións arbitrarias" en coches aparcados na zona da Igrexa de Vilalonga durante un funeral. Vilagarcía acollerá este sábado, no pavillón de Fexdega, a 31 edición dos Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios para persoas con discapacidade intelectual coa presencia de máis de 130 deportistas de toda Galicia. A Asociación Cultural As Gharbosas organiza o vindeiro 13 de xuño a I Foliada do Piñeiriño, unha xornada arredor da música e da cultura tradicional galega que terá lugar no barrio vilagarcián.
    Más Menos
    16 m